Tokio (Fernández López, Alfredo)

Gol : Aventuras no mar / Tokio (Alfredo Fernández López) - 1ª ed. - A Coruña : DEMO Editorial , maio 2018 - 52 :il cor ;22cm

"Gol" é un golfiño que divertirá aos máis pequenos e a toda a familia transmitindo unha mensaxe ecolóxica de respecto cara as especies mariñas e o seu entorno en forma de historietas humorísticas. A publicación está editada coa colaboración de CEMMA.

Durante os últimos anos, Tokio combinou a súa faceta de biólogo mariño en CEMMA coa de ilustrador e autor de banda deseñada. A súa intensa actividade no rescate de cetáceos nas costas galegas levouno a desenvolver a serie de historietas autoconclusivas Gol, coa clara intención de divulgar unha mensaxe ecolóxica e de complicidade coa fauna mariña a través do humor visual. As historias de Gol están destinadas a todos os públicos e especialmente ao infantil, xa que na infancia está a semente dun mundo que mellore a súa relación coa natureza.

5º-6º Primaria

9788494739682


Banda deseñada--Cómic galego
Animais
Humor
Zooloxía--Mamíferos mariños

741.5(460.11) 82-9 / 82-C

Coa tecnoloxía Koha