O rei Lesma e o seu novo amigo, Rah o Tirano, acaban de estrelarse na cidade. Superpataca acode veloz ao lugar do accidente. O problema agora é: que fai Superpataca co Mastigador, o ladrón que acaba de deter por roubar no banco Ricachón? Precisa ter as mans libres! Por se fose pouco, tres cazarrecompensas espaciais, Raio Cero, a implacable Rigoberta e Óscar o feixoniano, tamén chegaro á Terra á captura dos prófugos. Conseguirá Superpataca poñer orde a esta ensalada?